Junín, Cundinamarca
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Poboación | ||||
Poboación | 8.720 (25,88 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 337 km² | |||
Altitude | 2.762 m | |||
Creación | 1550 (Gregoriano) | |||
Páxina web | junin-cundinamarca.gov.co… |
Junín, cuxo nome indíxena é Chipazaque, é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Guavio, a 103 km de Bogotá. Antecesor da actual vila de Junín foi o aborixe de Chipazaque, que debía o seu nome a que esta zona compartía os seus dominios entre o Zipa e o Zaque. O poboado estivo situado inicialmente preto de Pauso, na parte baixa da hondonada do Val de Gachetá.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo «Chipazaque» quere dicir, en muysccubun (lingua muisca), «o noso pai o Zaque», segundo Miguel Triana, ou «unión do Zipa e o Zaque», segundo Acosta Ortegón.
Historia
[editar | editar a fonte]Non se coñece a data exacta da fundación do concello de Junín; porén algúns historiadores sitúan este acontecemento o 13 de agosto de 1550. Antecesor da actual vila de Junín foi a aborixe de Chipazaque, situada preto de Pauso, na parte baixa da hondonada do Val de Gachetá. Chipazaque formouse en torno da Igrexa que mandou facer o oidor Luis Enríquez o 14 de maio de 1600 ó oficial albanel Domingo Pérez.
Este territorio foi habitado polos indíxenas chíos, grupos mámbita e suraguas. Dende tempos anteriores á conquista as vilas que anteriormente integraban o cacicado de Guatavita atopábanse subordinados politicamente ó Zipa. Á chegada dos españois, o dominio do Zipa estendíase de sur a norte dende Tibacuy, Pasca e Quetame até Saboyá; polo nordés chegaba até Chocontá, Ubaté e Fúquene; de oeste a leste estendíase dende Facatativá, Zipacón e Tena até Gachalá. Chipazaque, hoxe Junín, fixo parte da encomenda de Francisco Vanegas confirmando a proximidade dos indíxenas chíos ás vilas anterioirmente mencionadas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Junín, Cundinamarca |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 11 de agosto de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)